Petroglifos.org nace tras máis dun ano de investigación cualitativa sobre todo o que rodea ó mundo dos petroglifos. É o producto do traballo dun equipo que agrupa visións procedentes da antropoloxía, da arqueoloxía, das ciencias da información, da cultura, etc., que abordou unha das temáticas máis fascinantes do patrimonio cultural galego poñendo o acento no estudio da relación existente entre a sociedade galega actual e os petroglifos coa intención de intervir nesta realidade.