Petroglifos.org

Visitas guiadas pola parroquia de Chandebrito

por Petroglifos.org. 15 - 02 - 2009

O Concello de Nigrán, a través das Concellerías de Turismo e Educación, organizan visitas guiadas pola parroquia de Chandebrito, entre outras. Dentro do proxecto de Revalorización do Patrimonio Arqueolóxico, Natural e Etnográfico de Chandebrito, e coa intención de amosar todo o Patrimonio (natural, arquitectónico e cultural) que a parroquia de Chandebrito posúe, o Concello de Nigrán organiza visitas guiadas pola zona de O Castro de Chandebrito. Para elo, creáronse tres rutas:

- Ciclo da Auga: A visita iníciase na ladeira do Monte de O Castro. Poderase visitar a presa de A Lapela, os diferentes muíños que están situados nesta zona (dependendo da época do ano, porase a funcionar un de eles) e o lavadeiro. Visita dunha hora de duración aproximadamente

- Ruta dos Petrolgifos: Esta ruta pódese unir ao Ciclo da Auga e visitar os petroglifos. Recoméndase facer antes das 10.30 da mañá ou a partir das 19.00 horas, para poder ver mellor as inscricións nas pedras. Duración de case dúas horas.

- Sendeirismo: Se o grupo ten toda a mañá ou tarde poden facer unha das dúas rutas que están marcadas, Circular de O Castro (que comprende o Ciclo da Auga e parte da Ruta dos Petroglifos) ou a ruta Camiño dos Matos. Duración de tres horas aproximadamente.

Se precisades máis información ou concertar unha data para facer a visita, podedes chamar ao 986 36 87 34 (Oficina de Turismo); turismo@nigran.org / susiturismo@nigran.org.

Máis información: www.chandebrito.org


Un proxecto de:
Coa colaboración de:
Web feita con: